ALCALDÍA

O alcalde acompañou o presidente español e a chanceler alemá na súa visita á Catedral

25/08/2014 O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, acompañou dende a praza do Obradoiro o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, e a chanceler alemá Angela Merkel, na visita que realizaron á Catedral.

Esta visita á basílica foi o último acto do cumio celebrado en Santiago entre ao presidente do Goberno e a chanceler alemá. Previamente mantiveran unha reunión de traballo e ofreceran unha rolda de prensa conxunta no Hostal dos Reis Católicos.

Compartir: