CULTURA

Alas Circo e Cair Circo en Verán na Rúa

21/08/2014 Verán na rúa continúa a ofrecer unha variada oferta dirixida a tódolos públicos. Este venres, dende Andalucía, chega á Quintana un espectáculo multidisciplinar con trapecio, teas, acrobacias, malabares e moitas sorpresas. Será ás 19:30 horas na praza da Quintana, da man de Alas Circo.

Un salón en branco e negro, unha vella maleta chea de po e un espello xigante que alza o voo a cinco metros de altura conforman o escenario onde dous personaxes esquecidos se atopan para confirmar que non están nas lembranzas.Unha tenra historia na que mirarse. Isto é O espello, o espectáculo que trae a Santiago Alas Circo.

Ademais, súmase a programación Cair Circo, ás 20:30 horas, na praza das Praterías. O humor, a innovación, o sinxelo e o universal unido por catro artistas neste divertido espectáculo con técnicas incribles de circo e humor para todos. Catro personaxes moi diferentes que se xuntan e se compenetran case por casualidade, coa aparición das accións cotiás por medio do humor e o circo.

s relacións humanas, as habilidades circenses, o humor, están sempre presentes nun espectáculo innovador e diferente, que mestura dramaturxia con técnicas como a acrobacia excéntrica, a danza, os acroportes ou os malabares. A investigación, o movemento, o teatro e o circo aparecen en Cair por medio dun espectáculo divertido e de calidade técnica e artística.

Compartir: