CULTURA

Jazz e música brasileira para unha nova xornada de "Feitoamán"

17/08/2006 Agosto segue a ser un mes cheo de música en Compostela, grazas a "Feitoamán". O festival trae o venres 18 dúas novas propostas musicais, Leo Giannetto’s Jazz Project e Fredy Fevereiro.

Se o tempo o permite, a Praza de Feixoo acollerá a partir das 22:30 horas o concerto do Leo Giannetto’s Jazz Project. Voz, guitarra, contrabaixo, piano e batería para o primeiro proxecto dunha serie de catro discos compactos. Neste caso son cancións de The Beatles arranxadas e reharmonizadas na liña do jazz pop.

Á mesma hora, pero na Praza de San Martiño Pinario, Fredy Fevereiro presenta a súa particular oferta musical. Baixista e cunha boa experiencia, este músico brasileiro declárase amante da bossa nova e coloca a súa alegría e precisión rítmica ao servizo das melodías e harmonías da música brasileira.

Documentos relacionados



Compartir: