EDUCACIÓN

María José Corral asiste á clausura do campamento urbano de Don Bosco

14/08/2014 A concelleira de Servizos Sociais, María José Corral, asistiu ao acto de clausura das actividades do campamento urbano do Centro Xuvenil Don Bosco, no que participaron uns 100 rapaces de Santiago de Compostela, dentro das actividades de conciliación que se ofrecen ás familias neste período estival e nas que colabora o Concello de Santiago.

A programación que se ofertou, en horario de mañá e tarde, foi diferente en función dos grupos de idade. Así, intercaláronse actividades de interior, como obradoiros, con actividades ao aire libre. Para iso contaron con persoal voluntario que atendeu aos nenos, onde se inclúen algúns derivados de Servizos Sociais e do sistema de Protección de Menores.

O campamento urbano Don Bosco, co que colabora dende hai anos o Concello de Santiago, está pensado fundamentalmente para rapaces que non poden saír de Compostela nas vacacións do verán, por razóns económicas ou laborais dos pais. É gratuíto para os participantes, aínda que os que as familias que así o consideren poden realizar achegas voluntarias.

Compartir: