CULTURA

A compañía galega O Retrete de Dorian Gray presenta "Ne me quitte pas", un espectáculo para todos os públicos en Verán na Rúa

11/08/2014 Este martes 12 de agosto, na praza de San Martiño Pinario, a compañía galega O Retrete de Dorian Gray, presenta en Verán na Rúa o espectáculo Ne me quitte pas, títeres con globos nunha función sen palabras para todos os públicos. Haberá funcións ás 12:30, 13:30, 17:30, 19:30 e 20:30 horas.

Historia dun gran intérprete de canción francesa que nace da nada ante os espectadores, como por arte de "flop!"… Entón canta unha canción, emociónase e canta ao desamor, ao gran desamor. Esquece unha cousa moi importante, unha pequena cousa, e unha luz marcha e todo pasa nun momentiño de nada.

Compartir: