CONSORCIO

Comezan as obras de mellora de accesibilidade no Teatro Principal

10/08/2014 O Consorcio de Santiago promove as obras de mellora da accesibilidade e renovación do Teatro Principal, que comezan este luns, 11 de agosto, e que estarán dirixidas polos arquitectos da Oficina Técnica deste organismo. As inminentes tarefas van destinadas a solucionar os problemas e carencias actuais do emblemático edificio compostelán, aínda que, en xeral, o seu estado de conservación é bo. Os traballos adxudicáronse á empresa Elecnor Infraestructuras S.A. por un importe total de 59.541’04 euros e deberán realizarse nos próximos tres meses.

Entre as actuacións previstas destacan a renovación da maquinaria de climatización, do corpo de vestiarios e da sala de máquinas. En canto á iluminación do teatro, das oficinas e dos vestiarios, instalaranse lámpadas LED para diminuír o consumo de enerxía eléctrica.

Ademais o Teatro Principal contará cun aseo adaptado a persoas con mobilidade reducida, que estará habilitado no espazo que actualmente ocupa o gardarroupa na planta baixa.

Compartir: