CULTURA

"Peor imposible", o novo espectáculo de Peter Punk, abre outra semana de Verán na Rúa

08/08/2014 Verán na rúa comezará a semana co novo espectáculo do galego Peter Punk. O artista representa Peor imposible este luns 11, ás 19:30 horas, na praza da Quintana. Esta función repetirase o venres 29 de agosto, á mesma hora, na praza de San Martiño Pinario.

O novo espectáculo de Peter Punk reflicte a situación actual: Peor imposible... ou case. Tras o éxito acadado nas súas xiras internacionais, o noso protagonista pensa que xa todo será doado na súa carreira, pero Peor imposible demostra que nada diso era certo. Intentos de equilibrios con paraugas, cadeiras, persoas...

Números falidos e desastres que, cando menos, provocarán a hilaridade do público. Un grande espectáculo dun dos mellores pallasos e artistas de rúa de Galicia.

Compartir: