SEGURIDADE E MOBILIDADE

Voluntarios de Protección Civil acompañaron a 1.000 mozos e mozas dende o Monte do Gozo ata a praza do Obradoiro

06/08/2014 Os voluntarios da Asociación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Santiago colaboraron coa Policía Local no acompañamento dende o Monte do Gozo ata a praza do Obradoiro de case 1.000 mozos e mozas da Diocese de Madrid, acompañados polo cardenal - arcebispo Antonio María Rouco Varela. Están en Compostela para conmemorar o 25º aniversario da Xornada Mundial da Xuventude.

Este grupo saíra de Madrid cara Lugo o 26 de xullo e chegou o martes 5 de Agosto ao Monte do Gozo. Dende alí, este xoves marcharon ata a praza do Obradoiro. Logo asistiron a unha misa na Catedral. O traxecto transcorreu con total normalidade polo último tramo do Camiño Francés.

Compartir: