CULTURA

"Fuenteovejuna", o clásico de Lope de Vega, baixo a mirada dos cataláns Obskené

06/08/2014 A compañía catalá Obskené representa este xoves, ás 19:30 horas, Fuenteovejuna, breve tratado das ovellas domésticas. Teatro de rúa en Verán na rúa na praza da Quintana, para todos os públicos, pero especialmente recomendado para nenos e nenas maiores de 10 anos.

O clásico de Lope de Vega Fuenteovejuna volve á rúa para actualizar e presentar en clave contemporánea os feitos acontecidos na famosa vila que, cansada das atrocidades dun comendador corrupto e déspota, decide unirse para combater ao seu opresor.

Compartir: