CULTURA

Noite de jazz no "Feitoamán"

16/08/2006 "Feitoamán" segue a encher de música as noites do casco antigo. Para o xoves 17 está prevista outra intensa sesión de jazz ás 22:30 horas.

Na Carrilana tocarán Héctor Lorenzo e Pablo Seoane. Esta formación de jazz interpreta temas propios, arranxos de estándares clásicos, música brasileira ou boleros, co propósito de tirarlle o maior partido expresivo a este pequeno formato: unha voz (Lorenzo) e un piano (Seoane).

Ao mesmo tempo, no Vía Sacra, nova actuación do Xacobe Martínez Antelo Quinteto, amosarán as súas habilidades para o jazz. O titular, Pablo Castaño, Toño Otero, Marcelino Galán e Max Gómez compoñen a formación, que toca cancións orixinais do autor e garanten unha entrega apaixoada ao jazz, á improvisación, á interacción e á creación colectiva.

Documentos relacionados



Compartir: