CENTROS SOCIOCULTURAIS

Títeres Cascanueces celebra o seu décimo aniversario no CSC de Vite

06/04/2005 Con motivo da celebración do seu décimo aniversario a compañía de Títeres Cascanueces realizará varias representacións no Centro sociocultural "José Saramago" de Vite os próximos días 7, 8, 9, 11, 12 e 13 de abril.

Todas as actividades terán lugar entre as 11 e as 12.30 horas. O programa é o que segue:

Xoves, 7
Pasarrúas "O parto de mama Semba"
Visita á exposición "Viaxar con títeres"
Función de títeres "A rúa das pantasmas" (Títeres Cascanueces)

Venres, 8
Visita guiada pola exposición "Viaxar con títeres"
Función de títeres "Que pasa na praza" (Pablo Nojes)

Sábado, 9
Visita guiada á exposición "Viaxar con títeres"
Charla-Coloquio "O títere galego actual" (Jorge Rei-Cachirulo)
Función de títeres "Un cuento viejo vuelvo a contar"

Luns 11
Visita guiada á exposición "Viaxar con títeres"
Función de títeres "Ikú y Elegguá" (Títeres Cascanueces)

Martes 12
Visita guiada á exposición "Viaxar con títeres"
Lectura de textos para nen@s
Función de títeres "Redoblante y Meñique" (Títeres Cascanueces)

Mércores 13
Visita guiada á exposición "Viaxar con títeres"
Función de títeres "A rúa das pantasmas" (Títeres Cascanueces)
Pasarrúas de clausura

Títeres Cascanueces
A compañía Titeres Cascanueces foi creada no 1995 polo titiritero cubano e membro do Guiñol Nacional de Cuba Lázaro Duyos. Proxecto unipersonal asistido por profesionais do mundo dos monicreques e alumnos do Instituto Superior de Arte (ISA). Desde entón mantense en activo.

Títeres Cascanueces presentou os seus espectáculos en México, Ecuador, Arxentina, Venezuela, Italia, Portugal e España. Actualmente conta oito montaxes de producción propia. Recibiu o Premio Unima 90 de Santiago de Cuba, o Premio Uneal 1994, a mención ao teatro na 2ª bienal do Fondo de Bienales Culturales La Habana, o Premio Cidade 90 (Lima, Perú) e o Premio Tablas (La Habana 1996).

Compartir: