FESTAS

As Festas do Apóstolo acolleron unha Xornada de Cultura Urbana

26/07/2014 A concelleira de Servizos Sociais e Xuventude, María José Corral, non quixo perderse a Xornada de Cultura Urbana organizada por Vella Escola. A praza Rodrigo de Padrón acolleu as diversas actividades, incluídas no programa das Festas do Apóstolo.

Ao longo da tarde deste domingo, celebráronse obradoiros de graffiti, hamabeads, beatbox, breakdance, skate e turntablism Dj. Logo foi o turno dos espectáculos de breakdance, beatbox e rap. Pecharon a xornada as sesións musicais de Dj Mil, Dj Webo e Dj Cro.

Compartir: