FESTAS

Nova edición en Praterías do Concurso de Traxes de Época e Coches Antigos

26/07/2014 A praza de Praterías foi escenario do Concurso de Traxes de Época e Coches Antigos, organizado polo Club Galego de Automóbiles Antigos e enmarcado no programa das Festas do Apóstolo. A concelleira María Jesús Sáinz formou parte do xurado deste certame, que congregou numeroso público.

Preto de 50 vehículos desfilaron por Rosalía de Castro, Xoan Carlos I, Porta Faxeira e rúa do Vilar ata chegar á praza de Praterías. Alí celebrouse o Concurso de traxes de época, mentres que os automóbiles quedaron expostos na praza do Obradoiro.

Na xornada do domingo, a partir das 10:00 horas, os vehículos concentraranse na Estación de Ferrocarril para realizar un percorrido polas rúas compostelás: Santiago de Chile, praza de Vigo, Santiago del Estero, praza Roxa, Frei Rosendo Salvado, República Arxentina, praza de Puente Castro, Hórreo, praza de Galicia, Senra, Porta Faxeira, rúa do Vilar e praza do Obradoiro. Nesta última quedarán expostos os automóbiles ata as 17:00 horas. Despois dunha misa e invocación ao Apóstolo ao mediodía, o concurso pecharase coa entrega de trofeos no Hostal dos Reis Católicos (14:30 horas).

Compartir: