FESTAS

Los Planetas ofrecen o seu primeiro concerto deste verán nas Festas do Apóstolo

24/07/2014 Los Planetas protagonizan as Festas do Apóstolo 2014 co seu primeiro concerto deste verán, no regreso a Galicia tras catro anos de ausencia dende o seu último concerto en Castrelos (Vigo) en agosto de 2010. O grupo granadino que revolucionou a música independente a comezos dos anos 90 fará un repaso de toda a súa carreira nun concerto que promete ser único e excepcional. Contará ademais cun marco incomparable, a praza da Quintana, onde se proxectarán en pantalla xigante visuais preparados pola banda para a ocasión.

Este venres, 25 de xullo, as portas abriranse ás 21:15 horas. As entradas poden ser adquiridas en puntos de venda on line ata o mesmo venres ás 14:00 horas. A partir desta hora poderanse mercar nas billeteiras a partir de las 18:00 horas: Teatro Principal e praza da Quintana.

Os encargados de abrir o concerto dos granadinos serán a banda galega Disco Las Palmeras!, que vive un de seus mellores momentos tras a publicación do seu segundo LP, o aplaudido Ultra.

Compartir: