FESTAS

Chaián acolleu a XL Festa do Escalo

20/07/2014 A concelleira de Deportes, María José Corral, asistiu á entrega de trofeos da XL Festa do Escalo, celebrada na área recreativa de Chaián. Os festexos incluíronse un ano máis no programa do Apóstolo.

O Concello colaborou un ano máis nesta celebración de confraternidade entre os municipios de Santiago e de Trazo. A festa contou cun concurso de ciprínidos, familia á que pertence o escalo. Houbo competición nas categorías infantil, xuvenil, damas, sénior e por equipos. Logo do pesado das capturas, celebrouse a entrega de premios.

Ao concurso seguiulle a tradicional romaría, amenizada musicalmente polos grupos de gaitas Os Xeitosos de Trazo e Brincadeira, e polo grupo musical Bahía Blanca, que continuou a verbena logo do xantar. Ademais, púidose degustar polbo e houbo inchables para os máis pequenos.

Compartir: