ALCALDÍA

"Santiago, meu amor" recompila imaxes históricas da cidade en homenaxe ás vítimas do accidente ferroviario de Angrois

17/07/2014 O alcalde compostelán, Agustín Hernández, asistiu no Hostal dos Reis Católicos á presentación da publicación de Teófilo Comunicación Santiago, meu amor, dedicada ás vítimas do accidente ferroviario de Angrois.

O libro recompila imaxes dalgúns dos recunchos máis coñecidos de Santiago de Compostela, mostrando a evolución da cidade dende a Idade Media ata a actualidade. O traballo é obra do fotógrafo Alberte Peitavel.

Esta publicación quere ser tamén unha homenaxe ás vítimas do accidente ferroviario de Angrois. Así, a edición está limitada e numerada, dende o 0 ata o 2407, en lembranza da data do suceso, o 24 de xullo de 2013.

Compartir: