TURISMO

Vedra promociona a súa gastronomía en Santiago de Compostela

17/07/2014 A concelleira de Turismo, Reyes Leis, asistiu na praza de Abastos á presentación do proxecto Tabernas gastronómicas do Concello de Vedra, que integra unha rede de 16 establecementos onde se poden atopar as mellores opcións gastronómicas deste municipio.

Este proxecto está subvencionado no marco dos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia e cofinanciado con Fondos Feder. A finalidade é que a marca Tabernas da Ulla estea cada vez máis presente e sexa apreciada polos consumidores e os hostaleiros, contribuíndo así á posta en valor do municipio de Vedra e á dinamización da zona.

Os establecementos adheridos a esta marca son: Restaurante Villaverde, Restaurante Roberto, O Cruceiro, O Churrasco de Juanito, Café-Bar A Terraza, Café-Bar Reviratazas, Café-Bar O Patio, Cafetería Quenllas. Café-Bar Martiño, Taberna Mosqueiro, A Taberna do Ferrador, Café-Bar A Dorna, Café-Bar Casal de Neira, Cervexería A Liada, Café-Bar O Fogar do Avó e Bar Barreiro.

Entre as accións previstas por Tabernas da Ulla, destaca O Pasaporte, que estará dispoñible do 17 de xullo ao 31 de decembro. Neste período, os que participen nesta promoción poderán obter unha botella de viño da D.O. Rías Baixas-Subzona Ribeira do Ulla, unha camiseta, e entrar no sorteo dunha estancia de fin de semana nun balneario. Tamén se porán en marcha os Findes de Tapas, previstos para o mes de outubro; e as Noites Temáticas: Terraceo de verán.

Compartir: