ALCALDÍA

María José Corral participou no acto conmemorativo do 129º aniversario do pasamento de Rosalía de Castro

15/07/2014 A concelleira de Educación e Normalización Lingüística, María José Corral, participou en Padrón no acto conmemorativo do 129º aniversario do falecemento de Rosalía de Castro.

O acto, celebrado na Casa Museo-Rosalía e organizado pola Fundación que leva o nome da poeta, contou coa presentación do libro dos Premios de Poesía Escolar, De papoulas e destrución, por Pati Blanco, director de Comunicación de El Corte Inglés Galicia. A continuación, realizáronse dúas conferencias: unha titulada "Tres Rosalías", a cargo Pepe Barro, e outra co título de "Letras de Díaz Castro", pronunciada por Xesús Alonso Montero.

Ana Blanco presentou unha cerimonia na que non faltou un recital poético, no que participaron Andrés Fernández, Laura Espiño, Paula Antía Rey Valiña, Gonzalo Hermo, Ledicia Costas, Luís González Tosar, Cesáreo Sánchez e Luz Pozo. Tras a actuación Musical de Puntada Sen Fío, pecharon o acto as intervencións institucionais.

Compartir: