REHABILITACIÓN

Novos horarios durante o verán para as visitas guiadas ao castelo da Rocha Forte

15/07/2014 Continúa o programa de visitas guiadas ao castelo da Rocha Forte iniciado o pasado mes de maio co obxectivo de explicar e contar in situ a súa historia. As visitas programadas para os meses de xullo, agosto e setembro -de carácter divulgativo e didáctico- están abertas ao público en xeral. Nos meses de outubro e novembro as visitas destinaranse aos grupos escolares.

Estas visitas guiadas son gratuítas e realizaranse sempre mediante inscrición (reserva) previa. Os grupos non poderán exceder de 25 persoas e encheranse por rigorosa orde de entrada.
Modificouse o calendario programado inicialmente para os meses de xullo, agosto e setembro, con novos horarios. Así, en xullo, as visitas realizaranse os sábados, ás 11:00 e ás 18:00 horas, e os mércores, ás 18:00 horas. Durante o mes de agosto haberá visitas os mércores, con quendas ás 11:00 e ás 18:00 horas. Finalmente, os itinerarios guiados dos sábados están previstos os sábados ás 11:00 e ás 18:00 horas.

Debido á importante demanda que se está a producir, atenderanse tamén os colectivos, asociacións, entidades e outras agrupacións que soliciten a visita fóra das quendas programadas.
Inscricións:
A inscrición é gratuíta e deberá realizarse cunha antelación mínima de 48 horas antes da data elixida para a visita. A inscrición formalizarase cubrindo o boletín adxunto na páxina web www.rochaforte.info ou ben presencialmente ou por teléfono nos lugares seguintes:

- Oficina da Cidade Histórica e Rehabilitación (rúa do Preguntoiro, 1), de 9:00 a 14:00 horas). Teléfono. 981 542 437.

- Centros Socioculturais de Vite (rúa Carlos Maside, 7- Tfno: 981 542 490), Conxo (campo de Conxo, 15 – Tfno: 981 528 740), A Trisca (corredoira das Fraguas, 92 – Tfno: 981 543 191), Fontiñas (rúa Berlín, 13 – 981 528 750), O Ensanche (rúa Frei Rosendo Salvado 14/16 – Tfno: 981 543 001), Castiñeiriño (Virxe de Fátima, s/n – 981 542 459) e Santa Marta (rúa de Antonio Rama Seoane, 6 – 981 543 017).

Direcciones relacionadas



Compartir: