SEGURIDADE E MOBILIDADE

Voluntarios de Protección Civil colaboraron na boa marcha da ruta ciclista polas rúas compostelás e da CorreSan nocturna

14/07/2014 Efectivos de Protección Civil colaboraron marcha ciclista urbana organizada por Movistar este domingo, na que afeccionados ao ciclismo de todas as idades percorreron as rúas de Compostela. Tamén prestaron o seu traballo á proba nocturna do Circuíto de Carreiras CorreSan.

Os voluntarios de Protección Civil de Santiago colaboraron coa Policía Local no perfecto discorrer desta marcha urbana, realizando cortes de tráfico intermitentes e informando os cidadáns sobre itinerarios alternativos a empregar. Ademais, un vehículo de Protección Civil abría a marcha e outro pechábaa, actuando neste caso como. Como novidade, un voluntario en bicicleta velou dentro da propia marcha polo normalidade e seguridade da mesma.

Respecto á CorreSan do pasado sábado 12 de xullo, o labor dos voluntarios foi o de comprobación do itinerario antes da saída, o desvío do tráfico e a colocación de alos e cintas acoutando os diferentes tramos do percorrido. Ademais, un vehículo de Protección Civil abría a carreira.

Protección Civil tamén está a colaborar coa Policía Local dende o xoves 10 de xullo na regulación do tráfico nas inmediacións do Multiúsos Fontes do Sar, con motivo do espectáculo do Cirque du Soleil. O evento terá novas sesións esta semana.

Compartir: