DEPORTES

O alcalde sumouse á proba nocturna do Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan

12/07/2014 O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, participou na terceira proba do III Circuíto de Carreiras saudables CorreSan, con saída e chegada na praza da Quintana.

Un total de 1.180 corredores -adultos e escolares- tomou parte nesta carreira, unha das máis atractivas do Circuíto CorreSan, pola peculiariedade de celebrarse de noite. O compostelán Pedro Nimo foi o gañador da proba masculina e Raquel Suárez venceu na feminina.

Compartir: