PROTECCIÓN CIVIL

Protección Civil colaborou na recepción en Lavacolla dos nenos saharauís que pasarán o verán con familias galegas

07/07/2014 Na madrugada do 7 de xullo, varios voluntarios da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Santiago de Compostela, colaboraron coa recepción dos nenos saharauís que chegaron ao aeroporto de Lavacolla para pasar o verán en distintos fogares ao longo da xeografía galega, no marco do programa Vacacións en paz

O operativo desenvolveuse con toda normalidade e resultou moi gratificante para os voluntarios de Protección Civil o contacto con estes rapaces e rapazas.

Dende mediados dos anos 90, as asociacións españolas de amigos do pobo saharauí desenvolven o programa Vacacións en paz para que nenos e nenas pasen o verán en España. Esta iniciativa solidaria permite a acollida temporal por familias españolas de rapaces dos campamentos de Tindouf.

Compartir: