PLENO

Convocada a sesión extraordinaria do Pleno municipal para o martes 8 de xullo

04/07/2014 O Pleno da Corporación celebrará unha sesión extraordinaria o vindeiro martes, 8 de xullo, ás 12:00 horas. Así o anunciou o alcalde, Ángel Currás, que convocou a sesión unha vez recibidas as credenciais dos que serán novos concelleiros.

A orde do día deste Pleno extraordinario contempla, en primeiro lugar, a toma de posesión dos novos concelleiros. A continuación, darase conta do escrito de renuncia do alcalde e procederase á elección do novo rexedor municipal.

Compartir: