ALCALDÍA

Unha peregrinación dende Santiago a Padrón reivindica esta ruta histórica á orixe da tradición xacobea

26/06/2014 O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu no Museo das Peregrinacións á presentación da peregrinación de Santiago a Padrón que se celebrará o 5 de xullo, organizada pola Irmandade de Fillos e Amigos de Padrón.

O obxectivo desta iniciativa é conseguir a recuperación e o recoñecemento deste vello camiño que moitos peregrinos, nesta dirección, percorreron ao longo da historia. Os camiñantes, despois de visitar a tumba apostólica en Compostela, continuaban viaxe cara Padrón para coñecer a orixe da tradición xacobea, como demostran os seus testemuños.

A saída efectuarase da Catedral de Santiago ás 10:00 horas e a chegada a Padrón será a media tarde. No traxecto servirase comida e bebida de forma gratuíta. Tamén, sen custo ningún, haberá autobuses a primeira hora da mañá dende Padrón a Santiago. Unha vez rematada a peregrinación, os participantes poderán gozar, se o desexan, de todos os atractivos xacobeos e culturais de Padrón e dunha variada oferta gastronómica.

Compartir: