DEPORTES

Fin de semana de hóckey e judo

21/06/2014 O pavillón de Vite acolle durante esta fin de semana o VI Torneo Hóckey Compostela, organizado polo Club de Hóckey Compostela co patrocinio do Concello de Santiago. Participan, ademais do organizador, os clubs Raxoi H.C. Raxoi, Escola Lubiáns, C.M. Hóckey Ferrol e APG Bierzo.

Este sábado tamén se celebrou, neste caso no pavillón do Restollal, a I Gala de Judo, organizada polo Compostela Judo Club.

Compartir: