XUVENTUDE

Concerto en Praterías dos grupos do Compostela Actúa para celebrar o Día Europeo da Música

21/06/2014 Para conmemorar o Día Europeo da Música, a Concellería de Xuventude, a través do seu programa Compostela Actúa, organizou unha actuación na que interviron dúas das disciplinas que se traballan no proxecto: o grupo musical Instrumentals, formado por 5 mozos, e o grupo coral Glee Club, que conta con 25 participantes. A actuación celebrouse na praza de Praterías ante un numeroso público.

A gala final de fin de curso do programa Compostela Actúa terá lugar o mércores 25 de xuño, ás 19:00 horas, no Teatro Principal. As entradas para este evento poden retirarse na sede da Concellería de Xuventude, no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche.

Direcciones relacionadas



Compartir: