XUVENTUDE

Comezou o Curso de Monitor de Tempo Libre organizado por Xuventude e Don Bosco

18/06/2014 O alcalde compostelán e a concelleira Reyes Leis asistiron á primeira xornada do Curso de Monitor de Tempo Libre que organiza a Concellería de Xuventude e imparte a Escola de Tempo Libre do Centro Don Bosco.

Ata o 31 de xullo durará este Curso de Monitor de Tempo Libre, que de novo espertou o máximo interese entre os mozos e mozas de Compostela. Serán 350 horas de formación: 200 teóricas e 150 prácticas. O Concello facilitará que poidan realizar estas horas prácticas en actividades municipais.

Este curso capacita os participantes para ser monitores de tempo libre, requisito indispensable á hora de levar a cabo actividades de ocio e tempo libre, de realizar campamentos ou accións socioculturais e formativas. Traballaranse cuestións legais, psicosociolóxicas e pedagóxicas, e ensinaranse técnicas de monitor de tempo libre.

A matrícula no Curso é subvencionada nun 40% polo Concello, de xeito que os inscritos empadroados teñen que pagar só 170 euros (270 os non empadroados). Rematada a formación, os participantes obterán o seu título de monitor de tempo libre.

Compartir: