TURISMO

CurtoCircuito na Rúa trae por primeira vez a Galicia a música e a videocreación de Dj Food e Vj Mox

09/08/2006 O xoves 10 de agosto, ás 22:00 horas, na Praza da Quintana, Dj Food e Vj Mox amosarán as súas composicións audiovisuais e as súas últimas creacións ao público que se achegue á que é xa a cuarta sesión de CurtoCircuíto na Rúa.

Ámbolos artistas –que forman parte do selo británico independente Ninja Tunes, de recoñecido prestixio internacional– chegan de Londres tras percorrer case todo o mundo amosando o seu traballo no eido da experimentación audiovisual e musical.

Dj Food e Vj Mox coñecéronse ao formar equipo en colaboracións con varios Dj’s e produtores de Ninja Tunes Records, e veñen a encher a Praza da Quintana de Santiago ofrecendo unha sesión de videocreación en directo e a súa singular música, que non pasará desapercibida, sobre todo entre o público máis mozo.

Compartir: