PLENO

O Pleno municipal tomou en coñecemento a proposta de membros para ocupar os cargos vacantes de concelleiros

18/06/2014 O Pleno da Corporación celebrou unha sesión extraordinaria, na que se tomou en coñecemento a renuncia de oito edís do Goberno municipal, así como a proposta de nomes para ocupar as prazas vacantes.

A sesión comezou coa toma en coñecemento da sentenza de 2 de xuño de 2014 do Xulgado do Penal núm. 1 de Santiago de Compostela. A continuación, formalizouse a renuncia dos concelleiros Amelia González, María Castelao, Juan de la Fuente, Cecilia Sierra, María Pardo, Francisco Noya e Luis Bello, afectados pola devandita sentenza, e tamén da edil Rebeca Domínguez.

Tras darse a coñecer os escritos de renuncia a ocupar as vacantes por parte de varios membros da lista electoral do Partido Popular, formulouse a proposta da devandita formación de membros para ocupar o cargo de concelleiros, ao abeiro do disposto no artigo 182.2 da Lei Orgánica 5/85, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral.

Compartir: