CENTROS SOCIOCULTURAIS

"Bonecos de escena", novo obradoiro do programa Vive o Verán

17/06/2014 Xusto na semana seguinte ao remate das clases dos escolares, o programa Vive o verán 2014 inclúe unha suxestiva proposta, o obradoiro Bonecos de escena, que conta co apoio da Fundación SGAE, para os rapaces máis pequenos, con idades entre os 3 e os 8 anos.

Aínda hai prazas dispoñibles para participar nas cinco sesións deste obradoiro, que se desenvolverá na sede da Fundación SGAE (rúa Salvadas, 2 - Parque de Vista Alegre) a partir da próxima semana (25, 26, 27, 30 e 1 de xuño) en horario de 10:30 a 13:30 horas.

Os rapaces iniciaranse na confección de bonecos e títeres e prepararán unha peza de teatro que será gravada e distribuída entre as familias dos participantes.

As familias interesadas deberán inscribirse presencialmente a través dos centros socioculturais. A actividade é gratuíta e o número máximo de participantes é de 20 rapaces. O prazo de inscrición remata o luns 23 de xuño ás 13:00 horas.

Máis información nos centros socioculturais e na Fundación SGAE (teléfono 981 569 082).

Documentos relacionados



Compartir: