FACENDA

Expostos ao público o padrón do IBI

08/08/2006 Dende o martes 8 de agosto están exposto ao público os padróns dos do Imposto de Bens Inmobles (IBI) e do Imposto de Actividades Económicas (IAE) correspondentes ao período 2006. As listas poden consultarse na Oficina de Atención ao Contribuínte, ubicada na Rúa Presidente Salvador Allende nº 4-baixo, en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres.

Os composteláns disporán de 15 días para examinar as listas e, no seu caso, formular as correspondentes reclamacións.

Compartir: