ALCALDÍA

Recepción aos participantes no proxecto europeo Entrepeneur 2.0

17/06/2014 O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu en Raxoi os participantes no proxecto europeo Entrepeneur 2.0 (Emprendedor 2.0). Esta iniciativa, incluída no programa Leonardo da Vinci e financiada pola Unión Europea, pretende formar os emprendedores para que saquen proveito das ferramentas de Internet. A Cámara de Comercio é socio neste programa.

O proxecto segue un modelo que permitirá, en primeiro lugar, a desempregados e a propietarios de micropemes dos países europeos converterse en empresarios de nova xeración capaces de aproveitar as tecnoloxías que ofrece a web 2.0, potenciando os seus produtos e servizos. En segundo lugar, as conclusións e resultados do programa permitirán a réplica de prácticas similares nos diferentes países.

Entrepreneur 2.0 é unha iniciativa conxunta entre pemes, asociacións e micropemes de 7 países europeos: CyberAll Access (consultora de proxectos e formación - Grecia); Dún Laoghaire-Rathdown County Enterprise Board (Axencia de Desenvolvemento Local - Irlanda); Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela (España); Cámara de Comercio de Praga (República Checa); Cámara de Comerciantes e Artesáns de Eskisehir (Turquía); OdobrenO (consultora de proxectos e formación - Eslovenia) e Think Tank LT (foro estratéxico - Lituania).

Compartir: