CENTROS SOCIOCULTURAIS

Os centros socioculturais celebran no Don Bosco o premio que recibiu a súa carroza no Antroido pasado

06/06/2014 Este sábado 7 de xuño desde as 17 ata as 20.30h, as máis de 250 persoas que participaron na comparsa "A maxia dos centro socioculturais" que foi premiada no desfile do Antroido 2014 cun terceiro premio, celebrarán este recoñecemento cunha xornada festiva organizada nas instalacións do Centro Xuvenil Don Bosco.

Durante a tarde, os participantes poderán gozar de variadas actividades lúdicas: xogos populares, rocódromo, cucaña, tiro con arco(para nenos e para adultos),ping pong, ludotecas, festa de espuma e dunha merenda.

Usuarios e animadores dos centros e locais socioculturais dos Csc A Gracia, Lsc A Peregrina, Lsc Bando, Lsc Lavacolla, Lsc Busto, Lcs Figueiras, Lsc Nemenzo, Lsc Marantes, Csc O Ensanche, Lsc Villestro, Csc Santa Marta, Lsc Amio, Lsc As Cancelas, Lsc Casco Histórico, Lsc San Lourenzo, Lsc Pontepedriña, LSc Cardenal Quiroga,Lsc Sar, Csc Fontiñas, Csc Vite e Csc A Trisca que participaron da iniciativa compartirán esta tarde de convivencia e celebración nas amplas instalacións do Centro Xuvenil.

Os interesados en participar desta actividade xa se foron anotando nas últimas semanas a través dos centros socioculturais, agárdase unha nutrida afluencia de usuarios/as que formaron esta comparsa.

Compartir: