TURISMO

O Mercado de Abastos acolle a presentación da Festa do Galo de Curral de Vila de Cruces

05/06/2014 A XXI edición da Festa Gastronómica de Curral, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, celebrarase a fin de semana do 14 e 15 de xuño

A Aula Gastronómica do Mercado de Abastos de Santiago acolleu a presentación da XXI edición da Festa Gastronómica do Galo de Curral de Vila de Cruces, que se celebrará a fin de semana do 14 e 15 de xuño. Na presentación participaron o Alcalde de Vila de Cruces, Jesús Otero, e a concelleira de Turismo de Santiago, Reyes Leis. Escolleuse o Mercado de Abastos para a presentación xa que é un dos principais referentes para a gastronomía do grupo de promoción turística Área Santiago, do cal forma parte Vila de Cruces.

O Galo de Curral de Vila de Cruces é un producto de alta calidade. O seu segredo baséase en que os galos son alimentados de maneira totalmente natural con cereais durante un mínimo de nove meses, aínda que alcanza a súa plenitude aos doce. Chegado ese momento, sacrifícase e cocíñase de maneira tradicional. Pertence á Rede Europea de Patrimonio Gastronómico grazas á grande calidade da súa carne, con moi pouca graxa, un sabor intenso e unha textura firme.

A festa conta cun gran valor cultural, que pasa polo peso que nela ten a gastronomía, pola difusión do patrimonio cultural da zona, con especial predominio da arte románica, co Mosterio de San Salvador de Camanzo como máxima expresión, a posta en valor da artesanía e os productos agroalimentarios, o mantemento das tradicións locais, as oportunidades que ofrece a natureza a través das diferentes rutas de sendeirismo, paseos a cabalo, deportes náuticos que ofrece o embalse de Portodemouros e a posta en valor da difusión do medio rural deste Concello pontevedrés.

Os actos da XXI Edición da Festa do Galo de Curral comezarán o sábado 14 de xuño, ás 21:00 horas, no Auditorio Municipal Xosé Casal de Vila de Cruces, coa celebración dunha gala, que contará coas seguintes actuacións: Coral Polifónica de Agolada; Coral Polifónica de Bugallido; Coral Son Astur; Coral Polifónica de Piloño e o Grupo Tradicional A Requinta da Laxeira.

O domingo 15 de xuño será o día grande da XXI Fiesta Gastronómica del Galo de Curral. Os actos empezarán ás 10:30 horas y contará coas siguientes actuacións: Grupo de Gaitas O Arco de Merza; Banda de Gaitas de Piloño; Grupo Punteirolo de Vila de Cruces; Anxo Lorenzo Band; Banda de Gaitas do Concello de Forcarei; Cantautor Manoele de Felisa; Concerto do Grupo Tradicional A Roda, que presentará o novo CD "Outra Volta de Roda".

Unha vez terminadas estas actuacións os visitantes poderán degustar o Galo de Curral nos distintos restaurantes de Vila de Cruces. E pola tarde continuará a festa xa que a partires das 17:00 horas terá lugar el XXI Festival de Bandas de Galicia, coa participación de: Banda Unión Musical Ponteledesma; Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla; Banda Artística de Merza; Banda Sinfónica da Comunidade Galega.

Compartir: