DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE

Santiago cederá espazos públicos para os edificios gañadores do curso Prototipolab

05/06/2014 A concelleira Reyes Leis presentou esta mañá en rolda de prensa a III edición do curso Prototipolab, unha actividade de formación que ten como obxetivo a construción de prototipos de mobiliario urbano orientados cara a autosuficiencia enerxética, desenvolvidos integramente en madeira e que terán a posibilidade de ser expostos nos espazos urbanos da cidade compostelá.

Este proxecto naceu co principal soporte do sector da madeira e o respaldo do CIS Madeira, centro de Innovación e Servicios Tecnolóxicos da Madeira en Galicia, buscando transladar ao mundo urbano a experiencia desenvolvida no Parque Tecnolóxico de Galicia. Tecnópole.

Dende unha óptica da arquitectura e do diseño urbano, esta proposta de curso enmárcase nun proceso de reflexión sobre os espazos públicos de Santiago de Compostela.

Prototipolab busca fomentar a interdisciplinariedade, e está dirixido a estudantes dun perfil amplo, tanto a aqueles implicados na creación e produción do hábitat (arquitectura, diseño industrial, de interiores, etc), como a aqueles outros que desexan encontrar novas ferramente e medios de expresión.

O curso terá lugar no Conxunto Casa Europa- Centro de Estudos Avanzados, situado na Finca Vista Alegre e cedido para o uso universitario polo Consorcio.

O obxetivo deste proxecto é agrupar elementos urbanos dispersos e formar un pequeno núcleo de servizos públicos con capacidade para adaptarse a unha ampla gama de espazos públicos, sendo autosuficiente enérxeticamente, e interactivo cos seus usuarios.

Desenvolvendo, por exemplo, un pavillón, pero empeñando ferramentas paramétricas de madeira e incluíndo elementos interactivos, que interactúe cos usuarios e obtendo á vez enerxía fotovoltaica en cantidade suficiente para autoabastecerse.

Posteriormente o Concello de Santiago, a través da Área de desenvolvemento Urbano Sostible facilitará espazos para a instalación final do proxecto seleccionado a escala 1.1.

Deste xeito a estratexia que se busca con este curso é entrelazar a universidades, axentes de innovación, ao mundo industrial e empresarial xunto ao sector público, en accións de colaboración e intercambio de coñecemento.

Compartir: