CENTROS SOCIOCULTURAIS

O sábado 7 de xuño nova cita co programa "Imos ao Baile 2014"

05/06/2014 Comezamos o mes de xuño cunha nova cita do programa Imos ao baile 2104, actividade para maiores promovida polas Concellarías de centros socioculturais e de participación cidadá.

Será o sábado 7 de xuño a partir das 17h na Casa das Asociacións de Cornes e amenizará a sesión o grupo Enclave.

Lembramos que a participación é de balde, suxeita unicamente á capacidade do salón de usos múltiples da casa das Asociacións.

Para próximos bailes pode consultarse o calendario do programa en: www.santiagosociocultural.org

Compartir: