ALCALDÍA

Os máis pequenos toman o relevo en Raxoi

07/08/2006 Os rapaces e rapazas do Centro Xuvenil Don Bosco tomaron o relevo aos membros da Corporación e realizaron un particular Pleno municipal en Raxoi. A actividade estaba incluída no campamento urbano que este complexo realiza do 31 de xullo ao 11 de agosto.

Os improvisados concelleiros foron recibidos polo alcalde en funcións, Francisco Candela, que lles amosou como funciona un pleno municipal. Logo, os 55 nenos e nenas, de oito a catorce anos, exerceron as súas funcións e formularon as súas reivindicacións a través dun manifesto. No mesmo pedían unha cidade segura, sen fronteiras e adaptada ás necesidades dos máis débiles.

Candela tomou nota das peticións e contestou logo ás preguntas dos rapaces, moitas delas máis centradas na súa vida persoal que no funcionamento do concello ou do seu papel como alcalde en funcións. Non faltaron os que lle preguntaron pola súa idade, o seu matrimonio ou mesmo o seu salario.

Compartir: