TURISMO

Área Central acolle o Festival de Patchwork de Galicia

04/06/2014 O Centro Comercial e de Negocios acolle a máis de 35 expositores entre o venres seis e o domingo oito de xuño . O Patchwork é a arte de unir teas de diferentes cores e tamaños empregando múltiples técnicas para facer, cuns deseños únicos, manteis, tapices, cestas, caixas...

Área Central acolle entre o venres seis e o domingo oito de xuño a quinta edición do Festival de Patchwork de Galicia, organizada pola Asociación Galega de Patchwork, Centón. O Festival ten por obxectivo dinamizar o crecente sector do Patchwork en Galicia e conta coa colaboración da Fundación de Artesanía de Galicia e do Concello de Santiago.

O Patchwork é a arte de unir teas de diferentes cores e tamaños empregando múltiples técnicas para facer, cuns deseños únicos, manteis, tapices, cestas, caixas... No Festival participarán máis de 35 expositores comerciais. Pero ademáis o programa inclúe diferentes actividades, como demostracións e clases gratuitas para nenos, así como conferencias para emprendedores do sector das manualidades.

Os tres días do Festival haberá cursos gratuitos de Patchwork para nenos, dirixidos pola artesá María Xosé Martínez, de tal xeito que mentres os pequenos se divirten aprendendo, os país poden visitar os diferentes expositores. Haberá un curso o venres por la tarde, e o sábado e o domingo haberá cursos tanto pola mañá como pola tarde.

O Festival inlúe un concurso de Patchworh dirixido aos artesáns con diferentes categorías. Repartiránse máis de 1.500 euros en premios. Ademáis haberá unha exposición das artistas catalás Anna Ramírez, Manoli Lozano e Dami Ruiz, que amosarán máis de trinta obras premiadas en diferentes eventos de Patchwork e que, ademais, impartirán cursos de Patchwork a máquina e de Patchwork pictórico.

O Festival inclúe unha conferencia impartida pola escaparatista Carolina Ortega, na que falará sobre a visibilidade que os emprendedores do Patchwork poden conseguir para os seus productos tanto en tendas ou espazos físicos, como a través de Internet. Tamén impartirá unha conferencia a presidenta da Asociación de Patchwork de Galicia, Alfonsina Uriburu, titulada: "Aprende como vender a tua artesanía online".

Asociación de Patchwork de Galicia: www.centon.es

Compartir: