ALCALDÍA

O alcalde recibiu no Obradoiro a máis de 40 peregrinos da Asociación Nacional de Parkinson

01/06/2014 O alcalde Ángel Currás recibiu ao grupo integrado por once peregrinos afectados de párkinson que chegaron na mañá de onte á Praza do Obradoiro tras percorrer en seis etapas O Camiño de Santiago, dende Ourense ata Compostela

A iniciativa naceu coa idea de concienciar á cidadanía para mellorar a atención sociosanitaria que requiren os afectados de esta enfermidade. Aproveitando o 20 aniversario da Asociación, ésta propúxose dar a coñecer entre os afectados e as suas familias o traballo das asociacións nas que poden atopar axuda.

Para iso a Asociación, organizou a peregrinaxe do Camiño de Santiago dende Ourense ata a capital galega, seguindo a ruta do Levante

Once dos seus socios xunto con outras asociacións de pacientes de diversos puntos de España constituiron un grupo de máis de 40 peregrinos que percorreron os 108 kilómetros do Camiño de Santiago nas seis etapas ata chegar á Praza do Obradoiro.

Para iso este grupo de peregrinos comezou a adestrarse tanto a nivel individual como colectivo realizando unha sesión mensual na que foron collendo a forma e na que os profesionais controlaron a evolución de cada unha das persoas que ian a realizar a peregrinaxe a Santiago.

Ademáis, esta campaña de sensibilización conta coa colaboración da productora Barret Films, que se aencargou da producción dunha web-documental na que mensualmente se foi emitindo un capítulo cos progresos dos peregrinos e finalmente realizará un documental con todas as imaxes recopiladas sobre a preparación e o viaxe a Santiago.

Compartir: