SERVIZOS SOCIAIS

A Casa das Asociacións de Benestar Social acolleu unha charla sobre a lei de responsabilidade penal dos menores

28/05/2014 A Casa das Asociacions de Benestar Social (CABES) acolleu esta mañá a charla "Programa Katorce-18", organizada desde o Programa Municipal Socioeducativo.

KTORCE-18 pretende informar sobre a Lei 5/2000 de responsabilidade penal dos menores aos pais e nais dos adolescentes, mozos e mozas, co fin de reducir a comisión de delictos nestas idades polo descoñecemento da Lei ou do contido desta.

Ao longo da mañá, Ana Pérez Figueroa, educadora social da entidade Arela, presentou a un nutrido grupo de pais e nais os pormenores e aplicación da Lei do menor, así como os delictos e perigos máis frecuentes na etapa adolescente, e diferentes estratexias de prevención de conductas infractoras e abordaxe de conflictos con menores nesta etapa.

A actividade forma parte da programación anual de actividades da Concellaría de Familia, Educación, Muller e Igualdade, Benestar Social e Maiores.

Compartir: