CULTURA

"Feitoamán" completa a ampla oferta musical de Compostela para o mes de agosto

04/08/2006 "Feitoamán" engádese á ampla oferta musical da cidade para o mes de agosto. As rúas e prazas da cidade histórica serán escenario da actuación de dez formacións dende o 14 de agosto ao 3 de setembro. O evento está organizado pola Concellería de Cultura e pola Asociación Cultural de Cidade Vella.

Jazz, blues ou canción de autor serán algúns dos ritmos que encherán as noites santiaguesas. O evento é o punto álxido que reflicte o traballo que para a difusión musical realizan ao longo do ano os locais asociados a Cidade Vella. Fredy Fevereiro, Tom Showman, Fermín Romero, Fabulosos Cubatas de Fockink Brotheres, Xacobe Martínez Antelo Quinteto ou o Leo Giannetto’s Jazz Project serán algúns dos que tocarán nestas xornadas.

O programa foi presentado polo concelleiro de Cultura,Néstor Rego, e os mebros da Asociación Cultural Cidade Vella Manuel Rodríguez e Ángeles Porto.

Compartir: