DEPORTES

Recoñecemento municipal aos xogadores do Río Natura Monbus

27/05/2014 O alcalde compostelán, Ángel Currás, presidiu en Raxoi a recepción municipal aos xogadores, adestradores e directivos do Blusens Monbus. Foi momento para recoñecer a boa temporada do club, culminada coa permanencia un ano máis na Liga Endesa.

A corporación municipal quixo felicitar persoalmente o equipo pola temporada realizada, conseguindo asegurarse un ano máis un posto na Liga Endesa e promovendo o baloncesto de elite como un valor engadido da cidade.

O alcalde congratulouse polo éxito final, logrado grazas ao "empeño e esforzo" do equipo. Dixo do Obradoiro que é un "referente" para a cidade e comprometeuse a que o Concello "apoiará na medida que poidamos" ao club.

Pola súa parte, o presidente do club, Raúl López, afirmou que é unha gran "felicidade para o deporte compostelán e galego" continuar un ano máis na elite do baloncesto español". E destacou " o compromiso dos xogadores e técnicos que forman o Blusens Monbus".

O equipo galego celebrará unha cea na Casa de Xantar O Dezaseis, que será a última cita conxunta dos integrantes do club na actualidade e que servirá de despedida ata a próxima pretemporada, que dará os seus primeiros pasos en agosto.

Compartir: