COMERCIO

Comprar en Santiago prémiase con 4.000 euros

26/05/2014 A Federación Galega de Comercio e a Federación de Comercio de A Coruña presentaron hoxe unha campaña de dinamización do consumo nas vilas galegas, que baixo o lema "As compras na túa vila teñen premio", desenvolverase en Santiago de Compostela dende hoxe, 26 de maio e ata o 6 de xuño. A iniciativa premiará con 4.000 euros a confianza no comercio retallista da vila, sorteándose 5 tarxetas regalo de 300 euros e 25 tarxetas regalo de 100 euros. Ao acto asistiu a concelleira Reyes Leis.

Nos días de duración da campaña, os consumidores que aposten polo comercio tradicional de Santiago de Compostela poderán presentar os seus tickets de compra na carpa situada na Praza Roxa ou ás promotoras que se atoparán polas rúas da vila, quenes lles entregarán boletos de participación para o sorteo final que terá lugar o venres, 6 de xuño, nunha carpa ubicada na mesma Praza Roxa, dentro do programa dunha Festa Final de Campaña que contará con actuacións para nenos e adultos. O sorteo será ese día ás 20.00 horas en directo e os posuidores dos boletos deberán estar presentes para converterse en gañadores.

A campaña será publicitada nos establecementos de Santiago, que contarán con carteis e repartirán entre os seus clientes trípticos informativos.

A iniciativa "As compras na túa vila teñen premio" está organizada pola Federación Galega de Comercio, en colaboración coas Federacións Provinciais de Comercio, a Dirección Xeral de Comercio e Novagalicia Banco. Trátase da séptima edición desta campaña, que ata o mes de outubro desenrolarase en cinco cidades galegas, entre elas Santiago.

A presentación desta mañá correu a cargo de José María Seijas, presidente da Federación Galega de Comercio; Miguel Agromayor, presidente da Federación de Comercio de A Coruña; así como da concelleira responsable de comercio, Reyes Leis, e a directora xeral de Comercio, Sol Vázquez

Compartir: