XUVENTUDE

O festival Pop-Rock do Estudante "MusicAula" celebra a súa semifinal este sábado na Sala Capitol

23/05/2014 A concelleira de Xuventude, Rebeca Domímguez, presentou en rolda de prensa o concerto da semifinal do certame considerado como o primeiro festival de música Pop-Rock para bandas adolescentes e xuvenís. Será o sábado 24 ás 22.45 h na Sala Capitol.

Este festival ten como obxectivo fomentar a música e a cultura entre mozos e adolescentes e ofrecer a grupos noveis a oportunidade de darse a coñecer, iniciativas que comparte tamén esta Concellería a través do certame Musicaxove, ou o certame Santiautor.

Tras a celebración das dúas primeiras semifinais en Pruna (Sevilla) o pasado 2 de maio e o 10 de maio en Ayora (Valencia), este sábado 24 de maio a a sala Capitol de Santiago de Compostela acollerá a terceira das semifinais do Festival musical xuvenil, coas actuacións de Desgaste(Lugo), Jaula de Cristal(Burgos), Redoble de Konciencia(León), Sofá Ambulante(Pontevedra) e Hellorice(Santiago de Compostela).

Unha vez que rematen os grupos participantes, poderemos disfrutar do grupo gañador da edición pasada, os composteláns Persé, que presentará o seu novo traballo "Las reglas del Juego".

Os concertos comezarán tras a retransmisión da final do partido da Champions League. Ademais, a Sala Capitol disporá dunha pantalla de 9 x 5 metros na que poder ver o encontro.

Os 25 grupos semifinalistas gozarán dunha importante promoción desde finais de abril a través da páxina oficial do Festival, así como nas redes sociais oficiais e no resto de plataformas de promoción.

Os cinco grupos finalistas actuarán en dous importantes escenarios (semifinais e gran final) xunto a Persé e outro artista invitado do panorama nacional. O gañador, ademais dunha promoción en medios e diversos concertos promocionais, gravará o videoclip da canción gañadora, que se emitirá nas principais televisións musicais e portais de Internet e actuará como teloneiro de Doctor Pitangú no concerto a bordo da 3ª edición de Baleària Fun&Music, un exclusivo concerto en alta mar na travesía Valencia-Palma, a finais de xullo.

A entrada e gratuíta con invitación, que se pode recoller no CSC Xuvenil do Ensanche, e na Tenda Miranda Cultura, ata o mesmo día do concerto.

Compartir: