ALCALDÍA

Os traballadores municipais celebraron a festividade de Santa Rita de Casia

22/05/2014 O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu no salón vermello os traballadores municipais, con motivo da celebración da súa patroa, Santa Rita de Casia (22 de maio).

Ángel Currás agradeceu os traballadores o seu labor diario para o bo funcionamento da Administración municipal salientando o seu "enorme e sincero agradecemento aos empregados públicos deste Concello de Santiago de Compostela por todos os esforzos que tiveron que realizar durante estes anos de profunda crise económica que padecemos".

O rexedor salientou que "intentamos, co plan de axuste aprobado no seu momento, evitar medidas que fosen realmente desesperadas que, por desgracia, tivemos que ver noutras administracións públicas". Non obstante lembrou que "xa en mesa de negociación se manifestou aos representantes das organizacións sindicais que o Plan de Axuste estaba xa cumprido, como referendaba a intervención municipal nun informe. É grazas a este novo marco polo puidemos para este exercicio presupostar ao 100% as partidas do Capítulo I de Paga de produtividade, Formación e Axudas sociais".

O acalde insitiu na vontade deste Goberno Municipal de restablecer ao persoal, na medida do posible, "as condicións de traballo que por imperativo legal tiveron que aplicarse, como así o constata o pagamento da parte proporcional da extraordinaria, que se pagou en decembro do ano 2013"; así mesmo, lembrou, "púidose facer frontre presupostariamente á produtividade e ás axudas sociais, que se implementaron ata o 100%; sendo a única partida afectada a de formación".

Currás incidiu na intención de seguir buscando o máximo consenso coas organizacións sindicais, intentando mellorar as condicións de traballo, o acordo regulador-convenio colectivo ofrecendo as máximas posibilidades de promoción profesional, acomentedo a provisión definitiva dos postos a través dun concurso de traslados que permita unha maior estabilidade no desenvolvemento do posto de traballo, ou mellorando a relación de postos de traballo para a súa adaptación á Lei de grandes cidades e á verdadeira carga de traballo de cada un dos postos; así como intentar acomer a regulación da segunda actividade da policía local.

O alcalde rematou o seu discurso de agradecemento salientando que "xuntos seguiremos facendo o que nos gusta e o que nos ocupa: servir ao cidadán de Santiago de Compostela".

Compartir: