EDUCACIÓN E NORMAILIZACÓN LINGÜÍSTICA

O Colexio Peleteiro celebra unha nova edición dos premios Minerva

20/05/2014 As concelleiras de Normalización Lingüística e de Educación, Rebeca Domínguez e María Castelao, asistiron ao acto de entrega dos XLII premios literarios Minerva convocados para os alumnado de 3º, 4º de ESO e Bacharelato dos centros galegos.

O colexio M. Peleteiro acolleu unha nova edición duns premios literarios que teñen como finalidade a defensa da cultura e da lingua galega. Os estudantes a través da poesía ou da narrativa, elaboraron as súas pezas.

Aos galardoados, ademais dun premio en metálico, fíxoselle tamén entrega dunha medalla de prata conmemorativa e as súas obras serán publicadas polo Colexio.

Compartir: