ALCALDÍA

Sánchez Bugallo: "O PXOM de Santiago é modélico dende o punto de vista medioambiental"

04/08/2006 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, amosou a súa confianza en que o PXOM de Santiago non se vexa afectado pola Lei 9/2006 sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no medio ambiente. Neste sentido, lembrou que o Plan é "modélico dende o punto de vista medioambiental" e que xa inclúe un informe favorable da Consellería de Medio Ambiente.

Sánchez Bugallo agarda que o departamento autonómico non faga outra cousa que "ratificar" o xa indicado nese informe. Neste sentido, PXOM de Santiago se beneficie da disposición transitoria da Lei que permite exonerar da presentación do informe de impacto ambiental a aqueles Plans que se empezaron a tramitar antes do 21 de xullo 2004 e que teñen demostrado cumprir coas esixencias medioambientais.

Estas valoracións foron feitas polo alcalde no transcurso da súa última rolda de prensa antes das vacacións. Entre outros asuntos, comentou a súa xuntanza con Acotes e un tema tan de actualidade como a intensa seca. A este respecto, indicou que non hai motivo para preocuparse e que nin sequera sería "útil" establecer restricións de auga, dados os niveis de auga do río Tambre.

Compartir: