DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE

A Comisión asesora de Casco Histórico aproba o traslado das atraccións para evitar danos na Alameda

20/05/2014 A concelleira da Área de Desenvolvemento Urbano Sostible, María Pardo, deu conta en rolda de prensa do asuntos tratados na última sesión da Comisión asesora de Casco Histórico, entre os que salienta especialmente a decisión de trasladar as atraccións das festas para evitar que se sigan producindo danos na carballeira de Santa Susana.

Pardo indicou que á vista dos informes técnicos de arboristas, biólogos, e incluso da opinión de dous relevantes paisaxistas que se atopaban en Santiago, nos que se falaba de importantes danos nas árbores da Alameda causados pola montaxe e desmontaxe das atraccións das festas, a Comisión asesora tomou esta decisión, que se aplicaría a partir do ano que vén.

O paseo de Santa Susana seguirá albergando as casetas máis pequenas, como por exemplo, as do polbo, pero as grandes atraccións desprazaranse a outro lugar. En principio, a Comisión propón como alternativa a avenida da Coruña, non obstante, segundo indicou María Pardo, crearase un grupo de traballo para estudar todas as alternativas posibles.

Estes foi o asunto principal, pero non o único, xa que se aprobou a modificación do proxecto de acondicionamento do Pazo de Xelmírez e a rehabilitación do eificio ubicado na rúa de San Pedro, 15, un dos máis antigos desta tradicional vía compostelá.

Compartir: