CENTROS SOCIOCULTURAIS

Ábrese o prazo para participar na excursión Galicia Máxica

20/05/2014 Aberto o prazo desde hoxe martes 20 de maio a partir das 17 horas para participar nunha nova viaxe do programa municipal Imos de excursión. Neste caso será "Galicia máxica, Ortigueira-Cariño-Cedeira" que se desenvolverá o domingo 8 de xuño.

O programa da excursión permitirá aos participantes coñecer o Museo Ortegalia para achegarse a historia e ao patrimonio de Ortegal. Tamén se visitará a vila de Cedeira, os cantís da Serra da Capelada e a Capela de San Andrés de Teixido.

A excursión ten un prezo de 24 euros (inclúe o transporte, seguro, guia e xantar concertado en Espasante)

Información e inscrición nos centros socioculturais.
www.santiagosociocultural.org

Documentos relacionados



Compartir: