ECONOMÍA

Área Central acolle a quinta edición do encontro empresarial Getting Contacts

19/05/2014 Getting Contacts, que conta xa con máis de noventa emprendedores, directivos e empresarios inscritos, celebrarase o 28 de maio en Área Central. Nas catro edicións anteriores participaron máis de 500 persoas.

A concelleira de Economía, Reyes Leis, e o xerente de Área Central, Juan Carlos Losada, presentaron no Pazo de Raxoi a quinta edición de Getting Contacts en Santiago, que se celebrará o vindeiro 28 de maio en Área Central. Getting Contacts ten coma obxectivos fortalecer ás empresas locais e axudar aos emprendedores que están comenzando no desenvolvemento do seu proxecto, facilitando os contactos e o networking, xerando novas oportunidades de negocio e abrindo as portas a novas inversións.

A primeira edición en Santiago de Getting Contacts celebrouse en xuño do 2012. Dende entón, máis de 500 persoas teñen participado nas catro edicións deste encontro empresarial. Nesta quinta edición estímase que participarán arredor de 125 persoas, entre novos emprendedores e representantes de múltiples empresas da cidade. Neste momento hai xa 94 inscritos.

Dende o departamento de Economía considérase que estas cifras de participación avalan o formato de Getting Contacts, no que a organización garante que cada participante poderá entrevistarse cun mínimo de dez persoas con intereses comúns para atopar novos clientes e proveedores, novos socios e proxectos, mellorar a súa rede comercial ou atopar potenciais inversores.

A Concelleira de Economía quixo agradecer en especial a Juan Carlos Losada a colaboración de Área Central no evento dende a súa segunda edición. Reyes Leis sinalou que se trata dunha mostra máis de que que Área Central non é só un espazo comercial e de ocio, senón tamén un espazo adaptado ás necesidades de múltiples empresas, en especial ás de servizos.

A inscrición a Getting Contacts é gratuita e pode tramitarse na páxina www.gettingcontacts.com. Nesta web hai que cubrir o formulario de inscrición do xeito máis preciso posible para que se podan fixar as entrevistas máis interesantes para cada un dos participantes.

Compartir: